Monday, October 30, 2006

Lixo

Sibila ten un quiosco; Chon, un bar. Montaron os seus negocios na nova urbanización.

Alí mercou un piso Blasa. Ela procura na mística o que Caruncho, o do 3ºA, non atopa na liña telefónica.

Rodeiro ten dous fillos, dous coches, unha muller, un apartamento en Málaga e unha amante. Gonzalves envexa a sorte de Rodeiro pero Rodeiro non sería quen sen Gonzalves. Os dous comen unha hamburguesa mentres falan de mulleres.

Izascu e Mireia son mulleres. Izascu ten un can e unha chea de romaneses na casa. O que tén Mireia é unha veciña que fai top less diante dos cativos.

Con pechar un ollo, Antolín quere ser o novo Tarantino artístico. Touza mirao e move o seu caxato. Sabe que a arte é só un concepto moderno e indefinido. Como o lixo.

Porque se cadra aínda non se decataron, pero todos viven no lixo. E as gaivotas aterran pra tentar sobrevivir entre as preas.

Reparto

Sibila: Bibi Piñeiro - María Meijón

Blasa: Sonia Abollo

Chon: Alexandra Vicente

Izascu: Carmen Díaz

Mireia: Ana Piñeiro

Touza: Clementina Formariz

Caruncho: Alberto Martínez

Gonzalves: Luis Ángel Gómez

Rodeiro: Manuel Chapela

Antolín: Julio C. Piñeiro

Equipo técnico

Deseño e realización de:

Cartelería e programas: David López

Vestiario: Vanesa Collazo

Iluminación: Ledicia Seoane

Dirección: Anxo Lourido

Wednesday, October 11, 2006

Estrea de Lixo

Publicado en La Voz de Galicia

Aula Teatro Municipal Pontevedra

O sábado catro de novembro, a ATM estreará no Teatro Principal de Pontevedra o novo espectáculo: Lixo.

Sinopse: Durante as últimas semanas, o servizo de recollida de lixo non pasa pola nova zona residencial da cidade. Os veciños agardan unha solución mentres un monte de residuos vai medrando as súas costas. Lembran Bens?