Tuesday, November 07, 2006

Sunday, November 05, 2006

Fotos dende o público da estrea de Lixo no Teatro Principal de Pontevedra


Chon (Alexandra Vicente) - Mireia (Ana Piñeiro) - Touza (Clementina Formariz) - Sibila (Bibi Piñeiro) - Blasa (Sonia Abollo) Posted by Picasa

Touza (Clementina Formariz) e Chon (Alexandra Vicente) Posted by Picasa

Escena entre Caruncho (Alberto Mart�nez) e Blasa (Sonia Abollo) Posted by Picasa

Gonzalves (Luis Ángel Gómez) e Sibila (Bibi Piñeiro) Posted by Picasa

Monday, October 30, 2006

Lixo

Sibila ten un quiosco; Chon, un bar. Montaron os seus negocios na nova urbanización.

Alí mercou un piso Blasa. Ela procura na mística o que Caruncho, o do 3ºA, non atopa na liña telefónica.

Rodeiro ten dous fillos, dous coches, unha muller, un apartamento en Málaga e unha amante. Gonzalves envexa a sorte de Rodeiro pero Rodeiro non sería quen sen Gonzalves. Os dous comen unha hamburguesa mentres falan de mulleres.

Izascu e Mireia son mulleres. Izascu ten un can e unha chea de romaneses na casa. O que tén Mireia é unha veciña que fai top less diante dos cativos.

Con pechar un ollo, Antolín quere ser o novo Tarantino artístico. Touza mirao e move o seu caxato. Sabe que a arte é só un concepto moderno e indefinido. Como o lixo.

Porque se cadra aínda non se decataron, pero todos viven no lixo. E as gaivotas aterran pra tentar sobrevivir entre as preas.

Reparto

Sibila: Bibi Piñeiro - María Meijón

Blasa: Sonia Abollo

Chon: Alexandra Vicente

Izascu: Carmen Díaz

Mireia: Ana Piñeiro

Touza: Clementina Formariz

Caruncho: Alberto Martínez

Gonzalves: Luis Ángel Gómez

Rodeiro: Manuel Chapela

Antolín: Julio C. Piñeiro

Equipo técnico

Deseño e realización de:

Cartelería e programas: David López

Vestiario: Vanesa Collazo

Iluminación: Ledicia Seoane

Dirección: Anxo Lourido

Wednesday, October 11, 2006

Estrea de Lixo

Publicado en La Voz de Galicia

Aula Teatro Municipal Pontevedra

O sábado catro de novembro, a ATM estreará no Teatro Principal de Pontevedra o novo espectáculo: Lixo.

Sinopse: Durante as últimas semanas, o servizo de recollida de lixo non pasa pola nova zona residencial da cidade. Os veciños agardan unha solución mentres un monte de residuos vai medrando as súas costas. Lembran Bens?

Wednesday, September 13, 2006

Feira Franca 2006

Na edición deste ano da Feira Franca, membros da ATM participaron como un grupo de leprosos que percorrían as rúas na procura de comida.

Sunday, May 28, 2006

Vindeira actuación da ATM de Pontevedra
A Caída do Conselleiro
Sábado 10 de xuño ás 21 h. no Local Social de Combarro (Poio)
Acto organizado por Vides Novas que colaborou coa ATM na montaxe de rúa Glub durante a Festa do Río

Sunday, April 23, 2006

Vindeiros traballos da ATM

O domingo 30 de abril, a ATM participará na Festa do Río co espectáculo Glub de animación de rúa a partires das 20 h. na Avenida das Corbaceiras en Pontevedra (preto da Ponte da Barca no río Lérez)

O sábado 13 de maio: función de Xogos na sesta en Boiro ás nove da noite.

A ATM comezou xa os ensaios da súa nova montaxe que leva por título Lixo.

Saturday, January 14, 2006

Aula Teatro Municipal Pontevedra

Aula Teatro Municipal Pontevedra
Últimas funcións da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra

Xogos na sesta na Mostra de Teatro de Boiro (aínda sen determina-la data)
15 de xaneiro- 19 h.: A Caída do Conselleiro no Centro Cívico de Caranza (Ferrol)
4 de febreiro: Xogos na sesta na Cultural de Mourente (Pontevedra)

Está previsto que a ATM participe no Entroido pontevedrés no enterro do Ravachol e tamén cun espectáculo de rúa nos actos que se van desenvolver no mes de abril dentro do programa de actividades "Puro Lérez".

Se queres entrar a formar parte da ATM envía un correo electrónico a atmanxo@gmail.com pra poñernos en contacto contigo.